rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
June Crespo. Kanala (detalle), 2016. Ciclo de exposicións Intertextual /MARCO Anexo. Foto: cortesía MARCO Vigo/Enrique Touriño
June Crespo. Kanala (detalle), 2016. Ciclo de exposicións Intertextual /MARCO Anexo. Foto: cortesía MARCO Vigo/Enrique Touriño
June Crespo. Kanala (detalle), 2016. Ciclo de exposicións Intertextual /MARCO Anexo. Foto: cortesía MARCO Vigo/Enrique Touriño
June Crespo. Kanala (detalle), 2016. Ciclo de exposicións Intertextual /MARCO Anexo. Foto: cortesía MARCO Vigo/Enrique Touriño
June Crespo. Kanala (detalle), 2016. Ciclo de exposicións Intertextual /MARCO Anexo. Foto: cortesía MARCO Vigo/Enrique Touriño
June Crespo. Kanala (detalle), 2016. Ciclo de exposicións Intertextual /MARCO Anexo. Foto: cortesía MARCO Vigo/Enrique Touriño

JUNE CRESPO. Kanala

Ficha

Datas: 
5 febreiro 2016 - 17 abril 2016
Lugar: 
Anexo [vestíbulo principal]
Horario: 
Martes a sábados (festivos incluídos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00. Domingos, de 11.00 a 14.30
Produción: 
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, coa colaboración de Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño
Comisariado: 
Ángel Calvo Ulloa


Ciclo INTERTEXTUAL

Programación e calendario
Lugar: Anexo (vestíbulo principal)
Comisariado por Ángel Calvo Ulloa

A partir de xaneiro 2015, o lugar ata agora dedicado a tenda-librería no vestíbulo principal do MARCO convertiuse en sala de proxectos, retomando o espírito do Espazo Anexo na praza peonil posterior (2004-2011). Seguindo un dos signos distintivos do MARCO, esta nova liña de programación pon especial énfase na produción propia, tanto no que se refire ás obras en si —novas producións realizadas especificamente para este espazo— como ao comisariado —ciclos de exposicións por proposta dun mesmo comisario, con periodicidade anual.

A intertextualidade, segundo as palabras de José Ángel Valente, non se pode entender referida unicamente á relación entre creadores do campo da literatura. As influencias teñen que romper con esa serie de divisións invisibles e conectar dese modo as artes plásticas coa poesía, ou a música co pensamento filosófico, dando lugar a múltiples diálogos que deben ter como lugar común o día a día, o cotián.

O ciclo Intertextual parte dunha selección de artistas pertencentes a unha mesma xeración, voceiros da realidade artística nacional e internacional dos últimos anos, que atopan nesa conexión de influencias un campo de traballo ideal. A proposta nace da necesidade de configurar lugares para proxectos que ofrezan aos artistas a oportunidade de producir obras específicas, a partir da recreación e consolidación dun espazo que ofrece un lugar privilexiado, tanto polas súas dimensións e características coma polo tránsito continuo de visitantes, para a visibilidade dos proxectos.

O ciclo inaugurouse o 16 de xaneiro con 249 litros, de Carlos Maciá, continuou con Cismadores de Mauro Cerqueira, _ACHAR de Juan López, e Canaval de Fernando García, ao que segue agora a proposta de June Crespo, que pecha o ciclo.

Información e visitas guiadas


O persoal de salas está a disposición dos visitantes para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais:

  • Todos os días ás 18.00
  • Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita no tel. 986 113900

Coincidindo coa xornada inaugural de dúas exposicións no MARCO, o venres 5 de febreiro ás 19.00 terá lugar no salón de actos un encontro-coloquio aberto ao público coas artistas June Crespo e Maria Luisa Fernández, a comisaria Beatriz Herráez e o comisario Ángel Calvo Ulloa.

Síntese do proxecto


Kanala
remite ao canle artificial como remite aos condutos do corpo e, como tal, implica unha vía de tránsito para sustancias fluídas. A instalación de June Crespo formula o patrón dunha acción levada a cabo e do seu resultado formal. A elaboración manual supón aquí un exercicio de memoria, de reprodución dunha serie de xestos aprendidos que configuran un conduto acantilado que pode alongarse sen fin.

June Crespo traballou con Tomás López, artesán oleiro de Gundivós, para modelar no seu torno unha serie de pezas de barro. A elaboración e a posterior intervención sobre cada unha delas teñen na condución o seu móbil.

Kanala fixa unha liña transversal entre procesos de fabricación tecnicamente diferenciados. No resultado final combínase o primario co sofisticado, a mecánica dos movementos empregados na produción artesanal coa mecanización do proceso a grande escala. A conclusión é un volume baleirado, despoxado do seu núcleo, pero ao mesmo tempo aberto, como un espazo ao que acceder visualmente e que permanece dalgún xeito oculto.

Artistas

June Crespo


Licenciada en Belas Artes pola Universidade do País Vasco, June Crespo (Pamplona, 1982) vive e traballa en Bilbao e Ámsterdam, onde actualmente participa como residente en De Ateliers. Ten recibido varios premios e recoñecementos como o premio á actividade creativa Gure Artea 2013 e a Beca Arte e Investigación do Centro Cultural Montehermoso (2010). Entre as súas epxosicións e proxectos individuais destacan Cosa y tú (Galería Carreras Múgica, Bilbao, 2015) e as publicacións Escanografías. Vol.1/.2 CO-OP (2009-2011). Entre 2010 e 2014 participou en varias mostras colectivas en centros e institucións como CA2M (Madrid), The Green Parrot (Barcelona), Bacelos (Madrid), e Artium (Vitoria-Gasteiz).

www.junecrespo.com

Comisariado

Ángel Calvo Ulloa


Ángel Calvo Ulloa (Lalín, 1984) vive e traballa entre Madrid e Santiago de Compostela.

Desenvolveu o proxecto de intervencións públicas Un disparo de advertencia (Lalín, Pontevedra) en 2011, Natureza! Estás soa? de Álvaro Negro en PALEXCO (A Coruña) en 2011; Welcome to my loft no Centro Torrente Ballester de Ferrol en 2012; Wily Forza Ingobernable no FAC (Santiago de Compostela) en 2013; Sssh! del silencio un lenguaje na Galería Nuble (Santander) en 2013; ou o proxecto Diálogos Improbables no Espazo NonLugar (Lalín, Pontevedra) en 2012-13. Durante 2014 e 2015 comisariou Crise de Identidade na Fundación Granell (Santiago de Compostela); En el coche de San Fernando en SALÓN (Madrid); Sobre el muro na Galería L21 (Madrid) dentro do programa Jugada a 3 Bandas; Ende der party en Tokonoma Apartment (Kasel); C O M E R C U L E B R A en 1er Escalón (Murcia); Fugir para lado algum dentro do programa Expediçao no espazo Maus Hábitos (Porto) e Del rombo al hexágono hay dos líneas, xunto con Tania Pardo, para a Galería Rosa Santos (Valencia). Actualmente desenvolve INTERTEXTUAL, o ciclo de intervencións para o MARCO, e prepara, xunto con Alfredo Aracil, Tener que sentir, coa colección Los Bragales, para o Antiguo Instituto Jovellanos (Xixón). Foi premiado dentro do programa Inéditos 2014 por La Casa Encendida, onde realizou a exposición Aprender a caer. Recentemente foi premiado dentro da convocatoria de artes visuais de Can Felipa (Barcelona) para realizar o proxecto Incluso un paisaje tranquilo… Participou en proxectos virtuais como They've left us alone para The Naked, A Haia (2014) ou Numismática con río Miño al fondo con Fermín Jiménez Landa para Curatorial Clube (2014). É membro do colectivo OsTres co que elabora o programa expositivo do Espazo Miramemira (Santiago de Compostela).

www.angelcalvoulloa.com

 

Crítico de arte e comisario independente, Ángel Calvo Ulloa (Lalín, Pontevedra, 1984) é redactor xefe de Dardo
Magazine e redactor de A*Desk. Como comisario desenvolveu o proxecto de intervencións públicas Un disparo
de advertencia (Lalín, 2011); a exposición Natureza! Estás soa? de Álvaro Negro (PALEXCO, A Coruña, 2011); a
colectiva Welcome to my Loft (Centro Torrente Ballester, Ferrol, 2012); Wily Forza Ingobernable (FAC, Santiago
de Compostela, 2013); Agora!, proxecto de intervencións no espazo das Bodegas Martín Códax (Cambados,
Pontevedra, 2013); Sssh! Del silencio un lenguaje (Galería Nuble, Santander, 2013); Crise de identidade
(Fundación Granell, Santiago de Compostela), En el coche de San Fernando (SALÓN (Madrid); Sobre el muro
(Galería L21, Madrid), dentro do programa Jugada a 3 Bandas (2014); Aprender a caer (Programa Inéditos 2014,
La Casa Encendida, Madrid), e Aún un paisaje tranquilo... (Barcelona, Convocatoria 2014 Can Felipa de Arts
Visuals). Dentro do programa TOKONOMADRID, foi convidado a participar como comisario na residencia do
Tokonoma Apartment de Kassel. Ángel Calvo Ulloa é membro do colectivo OsTres, que elabora o programa
expositivo do Espacio Miramemira, en Santiago de Compostela.
www.angelcalvoulloa.co