![‘MICROMUNDOS’. Visitas e actividades para escolares](/sites/default/files/Talleres600x200.jpg)
‘MICROMUNDOS’. Visitas e actividades para escolares
VISITAS ESCOLARES
Exposición
‘O BOSQUEXO DO MUNDO’
‘O BOSQUEXO DO MUNDO’ é unha exposición colectiva comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre, e coproducida polo MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o Auditorio de Galicia, e a Fundación Luis Seoane.
Artistas
Marta Bran, Berta Cáccamo, Bosco Caride, Rosendo Cid, Tamara Feijoo, Beatriz Lobo, Juan Loeck, Rut Massó, Din Matamoro, Chelo Matesanz, Santiago Mayo, Tatiana Medal, Miguel Mosquera, Doa Ocampo, Kiko Pérez, Ignacio Pérez-Jofre, Isaac Pérez Vicente, Juan Carlos Román, Teo Soriano, Tayone, Mauro Trastoy
O título da exposición sérvese da ambigüidade e riqueza do termo ‘bosquexo’, como proxecto ou apuntamento previo á execución dunha obra, e tamén como imaxe mental, como idea latente na mente do artista e no seu ámbito de traballo. Nun labor conxunto de investigación e diálogo cos artistas, os comisarios achegáronse a cada un dos talleres e lugares de produción, para seleccionar ou rescatar toda unha serie de materiais que son parte esencial da estrutura das obras, e que aportan novas lecturas e tamén novos interrogantes sobre a súa orixe e significados.
Así, xunto a obras en distintos soportes, a mostra componse sobre todo de apuntamentos, bosquexos, e pezas inacabadas. ‘O BOSQUEXO DO MUNDO’ trae ás salas do Museo un conxunto de útiles e documentos —obxectos, cadernos de notas, esquemas, recortes de prensa, vídeos, fotografías, repertorios de imaxes, textos propios e alleos, xestos e materiais atopados...— que se sitúan na base ou, por así dicir, na zona de influencia de cada artista, do seu quefacer e da súa particular visión domundo.
A selección abrangue varias xeracións, dende artistas que iniciaron a súa traxectoria nos anos oitenta, ata os máis novos, nacidos a principios desa mesma década, ou na inmediatamente anterior, nos setenta. Autores que traballan nos máis variados ámbitos creativos, utilizando técnicas e materiais — debuxo, gravado, pintura, colaxe, escultura, fotografa, vídeo, instalación...— que en ocasións funcionan como método de investigación, como soporte ou material de apoio para as obras
VISITA Á EXPOSICIÓN
Para a visita á exposición, seleccionamos un número determinado de obras en cada unha das salas da planta baixa. A selección, así como o percorrido, pode variar en función das necesidades e características de cada grupo. Sinalamos a continuación algunhas pistas a xeito de exemplos dos conceptos, ideas e preguntas que se tratan en relación coas obras e co modo de traballo de cada artista.
PATIO 1
Berta Cáccamo
O taller como lugar – a ‘foto en vivo’ no museo – restos e pegadas que acaban compoñendo unha obra – probas de cor – experimentos – materiais e instrumentos para a pintura
Mauro Trastoy
Repetición xeométrica e orgánica – distintos soportes e materiais – instalación
GALERIA 1
Chelo Matesanz
Un tobogán de teas - reciclaxe – retais e teas como material artístico – a vida e a memoria dos obxectos – ámbitos familiares
Rosendo Cid
Postais + textos – penso logo imaxino – humor – ‘esculturas dun minuto’ con obxectos cotiáns
Tayone
Xogos de asociación – xoguetes – artistas urbanos – construímos historias – experimentos de cor
Rut Massó
Imaxinación – expresión – mundos ocultos – o espacio infinito – negro e gris – a luz – o sono
Beatriz Lobo
Micromundos – xogos de pistas – adolescencia
PATIO 2
Juan Loeck
Sinestesia – o que o ollo non ve – moldes e vaciados como proceso de tránsito – corpos no espazo – a idea do ‘infrafino’ – esculturas de xeo – xogos de percepción - dentro/fóra - cóncavo/convexo - cheo/baleiro
Isaac Pérez Vicente
A música – son e imaxes – caixa-paisaxe imposible de pechar – construccións intelectuais – alimentos do artista
GALERIA 2
Tatiana Medal
O valor da sombra – figuras recortables – luz proxectada – xogos de luz
Ignacio Pérez-Jofre
Onde está Wally ? – paseos urbanos – atención e observación – o dibujo na rúa – o valor da caligrafía – xogos de percepción e identificación de personaxes
Teo Soriano
Cadros en miniatura – ensaios – bosquexos – fragmentos – cálculo + improvisación – música de jazz – o azar
PATIO 3
Santiago Mayo
Maquetas – escalas - ensaios para obras en pintura e escultura – atención ao detalle
Doa Ocampo
OLLOS atención – xogos de pistas – a fotografía como material artístico – mirada caleidoscópica
Tamara Feijoo
OÍDOS atención - formas e sons na natureza – un paxaro-sorpresa – gabinete de curiosidades
GALERIA 3
Bosco Caride
Tramas xeométricas – proporcións – a cidade e a contorna urbana – debuxo + fotografía = pintura ?
Din Matamoro
Libros viventes – libros-escultura - apuntes – bosquexos – práctica do debuxo – pintura e cine
Marta Bran
Construír + debuxar + imaxinar – debuxos que constrúen historias – ilustración literaria - sorpresas
Juan Carlos Román
Pintura - o bosquexo pictórico – fases do bosquexo – atención ao proceso - historia da arte
Kiko Pérez
Equilibrio – xogos de percepción: ¿recta ou curva ? – cálculos xeométricos – formas esenciais
ROTONDA CENTRAL/PANÓPTICO
Miguel Mosquera
4 pezas nunha: sombra + volume + debuxo en lapis + serigrafía
O OBRADOIRO NO LABORATORIO DAS ARTES
No caso dos grupos de Infantil e Primaria, e en función do tempo dispoñible, a visita complétase cun obradoiro no ‘Laboratorio das Artes’ (a sala de didáctica situada no primeiro andar). Tomando como punto de partida unha das pezas de Din Matamoro (Galería 3), os participantes crean o seu propio librobosquexo, a partir de diversos materiais que cada un elixirá segundo as súas preferencias e os materiais dispoñibles no taller.
Previa cita no tel. 986 113900 / 113903 (Pilar Souto)