Presentación
Taboa de contidos
Lectura en sala
A consulta en sala é directa, e non é preciso cubrir ficha. Unha vez rematado o uso dos materiais, deberán depositarse nos carros habilitados para tal efecto. Non existe servizo de préstamo domiciliario.
Sala de audiovisuais
As instalacións da Biblioteca-Centro de documentación inclúen dúas salas auxiliares equipadas para visualización de materiais audiovisuais. Estes fondos e outros materiais especiais deben ser solicitados ao persoal da Biblioteca-Centro de Documentación, cun máximo de tres obras por cada consulta, e un máximo de dúas personas para visualización dos materiais simultaneamente.
Exposicións bibliográficas e dossiers documentais
Realízanse periodicamente mostras bibliográficas que recompilan documentación e publicacións relativas a artistas presentes nas exposicións do MARCO, e temáticas relacionadas coas mesmas. Habitualmente son acompañadas de dossiers documentais dixitais que reúnen enlaces a artigos, audios, vídeos, e presenza destes artistas na rede. Estes dossiers están dispoñibles no apartado de cada exposición na web do MARCO, e en Biblioteca-Novas na súa entrada correspondente.
Visitas guiadas á Biblioteca-Centro de documentación
Co fin de achegar ao público os fondos e servizos da Biblioteca-Centro de documentación, existe a posibilidade de solicitar visitas para escolares e colectivos interesados, guiadas pola responsable da Biblioteca-Centro de documentación. A visita pode completarse cun percorrido polas exposicións, guiado polo personal de salas.
Información e reservas a través do email centro.documentacion@marcovigo.com ou do teléfono 986 113902.
Préstamo Interbibliotecario
Ofrécese tamén un servizo de préstamo interbibliotecario e intercambio de publicacións con outros centros de natureza similar ao MARCO. Pregámoslles ás persoas ou entidades interesadas que se poñan en contacto connosco para facilitarlles máis información a través do e-mail centro.documentacion@marcovigo.com ou do teléfono 986 113902.