rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Caderno de viaxe. Escolares

Caderno de viaxe. Escolares

Datas: 
20 outubro 2009 - 12 febreiro 2010
Horario: 
martes, mércores, xoves e venres de 10.30 a 13.30
Lugar: 
salas de exposicións e Laboratorio das Artes (1º andar)

[Visitas e obradoiros para escolares]
Para grupos de infantil, primaria, secundaria e bacharelato
Previa cita nos tel. 986 113900

Pouco despois do inicio do curso escolar inaugúrase no MARCO a exposición individual de JORGE BARBI. Paralelamente a esta mostra, o departamento educativo do MARCO pon en marcha un programa especial dirixido a escolares e familias, en torno ás obras presentes en salas, e á traxectoria deste artista. A atenta mirada de Jorge Barbi sobre o seu ámbito, a súa relación emocional coa natureza que o rodea, e os seus xogos de percepción, teñen o seu reflexo nas actividades programadas para esta tempada, que no caso do público escolar se deseñan especificamente para cada nivel educativo: ‘Pintando as ondas’ (Educación Infantil), ‘Gotas de luz’ (Primaria), ‘Palabras quebradas’ (Secundaria e Bacharelato).