rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Catro paredes e un banco. Escolares

Catro paredes e un banco. Escolares

Actividade complementaria da exposición de Candida Höfer.
Datas: 
2 marzo 2010 - 21 maio 2010
Horario: 
martes, mércores, xoves e venres de 11.00 a 13.30
Lugar: 
salas de exposición e Laboratorio das Artes (1º andar)

[Actividade complementaria da exposición de Candida Höfer]
Visitas e obradoiros para escolares. Grupos de infantil, primaria e bacharelato
Previa cita nos tel. 986 113900

Dende finais de febreiro, as actividades para escolares e familias toman como base a exposición da fotógrafa alemá CANDIDA HÖFER. O programa, que ten como título xenérico ‘Catro paredes e un banco’, xira ao redor da fotografía como linguaxe artística, centrándose na visión e percepción do espazo, e na relación entre fotografía e arquitectura de interiores. Como sempre no caso do público escolar, as actividades están deseñadas para cada nivel educativo, con propostas específicas para Educación Infantil, Primaria e Secundaria/Bacharelato.