rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Catro paredes e un banco. Familias

Catro paredes e un banco. Familias

Datas: 
27 febreiro 2010 - 23 maio 2010
Horario: 
venres de 18.00 a 20.00; sábados e domingos de 12.00 a 14.00
Lugar: 
salas de exposición e Laboratorio das Artes (1º andar)

[Talleres para familias]
Para nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas
Entrada libre e gratuíta ata completar aforo

Dende finais de febreiro, as actividades para escolares e familias toman como base a exposición da fotógrafa alemá CANDIDA HÖFER. O programa, que ten como título xenérico ‘Catro paredes e un banco’, xira ao redor da fotografía como linguaxe artística, centrándose na visión e percepción do espazo, e na relación entre fotografía e arquitectura de interiores.