rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Visita CPR Atalaya Cantabria_AFAGA. Foto: Cortesía MARCO/Pilar Souto
Visita CPR Atalaya Cantabria_AFAGA. Foto: Cortesía MARCO/Pilar Sout

Colaboración MARCO / AFAGA no programa educativo DKV

Datas: 
4 novembro 2015 - 9 decembro 2015
Lugar: 
Salas de Exposición e Laboratorio das Artes

O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia, AFAGA, a través do centro de día que xestiona en Vigo, iniciaron neste mes unha liña de colaboración que se engloba no programa educativo da exposición ‘Producións e procesos na Colección DKV’.

Esta exposición, froito da cooperación entre a compañía DKV Seguros e o MARCO, reúne nas salas da planta baixa un conxunto de obras de 11 artistas (Misha Bies Golas, Patricia Dauder, Rosalía Banet, Mira Bernabeu, David Ferrando Giraut, Alex Francés, Martín Freire, Karlos Gil, Núria Güell, Alicia Kopf, Eulàlia Valldosera) en múltiples formatos e soportes, que son resultado de programas de bolsas de produción e premios de adquisición convocados por DKV Seguros entre os anos 2011 e 2015, e que hoxe forman parte da súa colección.

‘E TI, QUE RECORDAS?’ é o nome xenérico do programa para escolares que o departamento de didáctica do Museo deseñou en torno a esta mostra, e que intenta sacar partido do contacto directo coas obras en salas e das múltiples posibilidades educativas que ofrece esta exposición. Como é habitual na programación do MARCO para escolares, todas as actividades (visita e obradoiro posterior) están especialmente adaptadas ás idades dos participantes, con propostas diferenciadas para alumnado de infantil, primaria e secundaria/bacharelato.

Nesta ocasión —no marco da especial atención de DKV Seguros e do seu programa ARTERIA DKV cara ás accións que fomenten a creación artística ligada á saúde e a mellorar a calidade de vida das persoas— abriuse unha liña de colaboración con AFAGA para levar a cabo unha experiencia piloto que integre as actividades dirixidas a escolares no Museo coa necesidade de sensibilización social cara ás persoas con Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas, dentro do programa de actividades de ocio, formación e estimulación que desenvolve o persoal de AFAGA nos seus centros.

Durante estes meses, un grupo de usuarios do Centro de Día Beiramar en Vigo, acompañados por terapeutas do Centro e persoal do Museo, participa nun proxecto de actividades e obradoiros relacionados coa exposición, unha vez á semana. Como parte deste programa, cada mércores os grupos de escolares de Infantil e Primaria únense ao grupo de AFAGA para participar conxuntamente en visitas-obradoiros, concibidas como actividade integradora. O programa inclúe un total de seis visitas ao Museo, que se iniciaron o 4 de novembro e que estarán en marcha ata o 9 de decembro.

Contactos para + INFO

Departamento de Comunicación /MARCO
Marta Viana Tomé
Tel. +34 986 11 39 08 /11 39 03 / 11 39 00
marta.viana@marcovigo.com

http://www.facebook.com/marcovigo

twitter. @MARCOVigo3

Departamento de Comunicación / AFAGA
Cristina Villanueva Pellitero
Tel. 986 22 97 97
E-mail: comunicacion@afaga.com

https://www.facebook.com/afagavigo/

https://twitter.com/AfagaVigo