rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Conversación entre Alicia Murría e Juan de Nieves

Conversación entre Alicia Murría e Juan de Nieves

Datas: 
24 maio 2012
Horario: 
19.30-21.00
Lugar: 
salón de actos

Este xoves 24 de maio, o curso 'Produción artística e cultural de 1968 aos nosos días', impartido por Juan de Nieves, tená como protagonista a Alicia Murría, nunha sesión concibida como conversa entre a editora e crítica de arte e o director do curso.

Como é habitual, a sesión terá lugar no salón de actos, de 19.30 a 21.00.

Unha parte do aforo estará reservada para os asistentes do curso, e o resto será de entrada libre ata completar as prazas dispoñibles.

Alicia Murría, historiadora da arte pola Universidad de Zaragoza, é crítica de arte, comisaria independente e editora. Como crítica de arte foi colaboradora de prensa diaria (Diario 16) e de revistas especializadas de España (Lápiz, Cehar, Atlántica) e do extranxeiro (Flash Art, Artforum, Untitled). Dende 2004 edita e dirixe a revista ARTECONTEXTO de arte, cultura e novos medios.

Impartiu conferencias, cursos e talleres sobre arte actual en diferentes institucións como Universidad Complutense, Universidad Europea de Madrid, Universidad Carlos III, Fundación Botín, Artium, Centro Cultural Montehermoso, Círculo de Bellas Artes, e Instituto Cervantes de Berlín, entre outras. Participou nunha trintena de xurados nacionais e internacionais para a concesión de bolsas e premios no ámbito da arte actual, e é autora de numerosas colaboracións en libros e catálogos de arte contemporánea. De 2008 a 2011 foi profesora do Master en Arte Contemporáneo da Universidad Europea de Madrid.

Comisariou, entre outras, as seguintes exposicións: Elena Blasco. Millones y abundantes razones (Sala Alcalá 31, Madrid, 2012); Sin realidad no hay utopía (Centro Andaluz de Arte Contemporáneo, Sevilla, 2011); Desmontajes (Centro Cultural Montehermoso, Vitoria, 2010); 7.1 Distorsiones, documentos, naderías y relatos (CAAM, Las Palmas de Gran Canaria, 2007); 8.1 Distorsiones, documentos, naderías y relatos (CAAM, Las Palmas de Gran Canaria, 2008); Premio Altadis (París/Madrid, 2001/2007); Elahe Massumi (Fundación Telefónica, Madrid, 2004); Colectivos y asociados (Casa de América, Madrid, 2003); Terre di nessuno. Concha Jerez y José Iges (Fundación Telefónica, Madrid, 2002); Mujeres que hablan de mujeres (Espacio El Tanque, Santa Cruz de Tenerife, 2001); Insumisiones (Fundación Marcelino Botín. Santander, 2000); Futuropresente: prácticas artísticas en el cambio de milenio (Sala de Exposiciones de la Comunidad de Madrid, 1999-2000); El ruido del tiempo (Canal de Isabel II, Madrid, 1997); Forms from Spain, (Palacio de Exposiciones, Atenas, 1995).