rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Fon Román. Concerto acústico

Fon Román. Concerto acústico

Datas: 
8 marzo 2014
Horario: 
19.30
Lugar: 
Salón de actos
Prezo: 
ENTRADA GRATUÍTA. Prazas limitadas ata completar aforo


Esta fin de semana péchase no MARCO unha fase do ciclo ‘Material Memoria’, o programa de artes escénicas e cine que se ven desenvolvendo en paralelo á exposición VERANEANTES, cunha actuación conxunta de Fon Román e Pablo Fidalgo, e un concerto de Fon Román, ambos os dous no salón de actos.

Fon Román (Vigo, 1970) é músico, guitarrista, vocalista e compositor. Durante trece anos forma parte do grupo de pop español Los Piratas como guitarrista e compositor. Dende 2004 traballa en solitario baixo o nome de Fon Román compoñendo en exclusiva a totalidade das súas cancións. Os seus discos en solitario son Silencio cómodo en un jardín  descuidado e Entretelas. Na actualidade compaxina a súa carreira con outros proxectos como o de música experimental Trash of Dreams, que forma xunto a un dos máis importantes productores musicais de España, Suso Saiz. Propietario e administrador da sociedade Pequeñas Iluminaciones SL, productora fonográ!ca independiente con sede en Vigo. O seu traballo tense presentado en salas e festivais de todo o mundo.

Descarga: