rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
A fotografía. Historia doutra mirada

A fotografía. Historia doutra mirada

Datas: 
24 febreiro 2010 - 2 xuño 2010
Horario: 
mércores, de 19.30 a 20.45
Lugar: 
salón de actos

A fotografía. Historia doutra mirada
Docente: Ana Pereira Molares
Prezo de matrícula: 100€ cada curso (Aplicable o desconto do 20% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO).

A partir do mércores 23 de febreiro comeza no MARCO un novo curso para adultos, impartido por Ana Pereira Molares, e destinado a persoas interesadas en coñecer os principais movementos e autores da historia da arte contemporánea. Neste caso trátase dun curso cuadrimestral que baixo o título ‘A FOTOGRAFÍA. Historia doutra mirada’, analiza os principais movementos e autores da historia da fotografía, dende o seu nacemento ata as últimas tendencias.

A posta en marcha deste curso coincide ademais cun ano no que a fotografía ten un especial protagonismo na programación do MARCO, coa próxima inauguración da exposición de CANDIDA HÖFER (26 de febreiro) e a retrospectiva de VIRXILIO VIEITEZ no mes de outubro.

Ata o martes 23 de febreiro continúa aberto o prazo de matrícula, que concluirá unha vez cubertas todas as prazas.