OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN
Colabora: Fundación La Caixa
Para participantes de 3 a 12 anos
Conducidos por Mª Xosé Martínez e persoal de Didáctica do MARCO
GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN
Listas abertas para cada sesión ata completar capacidade: máximo 25 participantes por sesión
[Posibilidade de reservas específicas para grupos en función de datas e horarios dispoñibles.]
Reservas de praza a partir do 5 de xullo en taquilla recepcion.marco@gmail.com / Tel. 986 113900 (ext. 100)
SESIÓN 1 / Mércores 6 xullo
SESIÓN 2 / Venres 8 xullo
Dúas sesións de taller baseadas na obra do artista Alfredo Alcain, concretamente na súa serie Cézanne petit-point, e a peza titulada Tomad mucha fruta, ambas as dúas presentes na exposición do MARCO.
SESIÓN 3 / Mércores 13 xullo
“Equilibristas”
Utilizando formas xeométricas básicas, creamos figuras bidimensionais que despois trasladamos a un formato tridimensional, investigando sobre o concepto do equilibrio na escultura.
SESIÓN 4 / Venres 15 xullo
“Vaia mestura!”
A artista Idoia Montón inspíranos nesta sesión para un laboratorio de colaxe no que a materia pictórica é protagonista: chans, paredes, ventás que se abren a paisaxes e, ao fondo, ata un volcán!
SESIÓN 5 / Mércores 20 xullo
“Atrápame se podes”
En ocasións, as criaturas de Francisco Leiro parecen estar atrapadas por elementos que as quebran e envolven. Nesta sesión combinaremos obxectos de metal e outros materiais en forte contraste para crear as nosas propias formas escultóricas, sexan humanas ou animais.
SESIÓN 6 / Venres 22 xullo
“Mira mira, que ves?”
Baseándonos no libro do mesmo título de Àngels Navarro (Ed. Combal), internámonos nos máis divertidos xogos de percepción: liñas, cores e figuras en movemento desafíannos para descubrir... como nos engana o noso propio cerebro!
SESIÓN 7 / Mércores 27 xullo
“Micromundos”
Hoxe o noso material será a auga, que, tanto en estado líquido como sólido (xeo), serviranos para crear micromundos mergullados, e figuras mediante a técnica do baleirado.
SESIÓN 8 / Venres 29 xullo
Obradoiro de creación colectiva, aberto en función dos resultados e desenvolvemento das sesións anteriores.