rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Obradoiros para ADULTOS

Obradoiros para ADULTOS

Datas: 
8 outubro 2021 - 17 decembro 2021
Horario: 
18.00 a 19.30

MARCO / DIDÁCTICA
PROGRAMACIÓN outubro-decembro 2021

A área de DIDÁCTICA do MARCO afronta este trimestre consolidando e renovando a súa oferta de actividades, entre as que destacan a programación para escolares, as visitas e talleres para grupos con necesidades específicas, unha nova proposta de obradoiros para adultos, e outras iniciativas dirixidas a públicos diversos.

Todas as actividades requiren cita previa ou inscrición e reserva, respectando capacidade e normativa sanitaria no que atinxe á circulación por salas e sesións de taller.

+ INFO e RESERVAS:

Dpto. Comunicación e Didáctica comunicacion@marcovigo.com
Taquilla MARCO recepcion.marco@gmail.com
Tel. 986 113900 (Ext. 100) / 986 113908

Colabora:  Obra Social La Caixa  

Obradoiros para ADULTOS

Para público en xeral
Gratuíto, previa inscrición e reserva de praza [Máximo 20 participantes por sesión]
VENRES, de 18.00 a 19.30 

Unha iniciativa novidosa na programación do MARCO desta tempada, que incorpora unha parte da programación de escolares, adaptándoa na súa metodoloxía e contidos. Aberto a persoas adultas, e en resposta a unha demanda existente, iníciase como proxecto piloto neste trimestre, con vocación de continuidade.