rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Unha relectura das vangardas: da ilusión ao escepticismo

Unha relectura das vangardas: da ilusión ao escepticismo

Datas: 
6 outubro 2010 - 25 maio 2011
Horario: 
todos os mércores, de 19.30 a 20.45
Lugar: 
Salón de actos

Nesta tempada 2010-2011, o MARCO organiza un novo curso impartido por Ana Pereira Molares, cun percorrido polas vangardas históricas do século XX.

Nº sesións: 27 (descontados festivos e outros eventos)
NOTA: durante a tempada 2009-10, por coincidir con festivos y outros eventos, non haberá curso os seguintes mércores: 8, 22 e 29 de decembro, 5 e 12 de xaneiro, 16 de febreiro, 20 de abril

Prazas limitadas

Inscrición e matrícula: a partir do 7 de setembro. O persoal de taquilla está á súa disposición para proporcionarlle as fichas de inscrición e calquera información complementaria, que tamén pode solicitar a través do correo-e pilar.souto@marcovigo.com ou no teléfono 986.11.39.00, en horario de luns a venres, de 9.30 a 15.00 e de 16.00 a 19.00
Horario de taquilla: martes a sábados, de 11.00 a 21.00. Domingos de 11.00 a 15.00

Prezo de matrícula: 
180€ (desconto do 20% para membros da Agrupación de Amigos do MARCO e alumnos da Universidade de Vigo), coa posibilidade de pago fraccionado nos prazos e condicións sinalados na ficha de inscrición.

Créditos de libre elección: a realización deste curso supón o recoñecemento de 2 créditos de libre elección para alumnado da Universidade de Vigo.

PROGRAMA-CALENDARIO

 

Sesión 1 (mércores 6 outubro)
O século XX. As tensións dunha nova centuria. A arte quere cambiar o mundo: as vangardas históricas

Sesión 2 (mércores 13 outubro)
O novo concepto de arquitectura e urbanismo na primeira metade do século XX. A vivenda social e a cidade contemporánea 

Sesión 3 (mércores 20 outubro)
Os comezos da modernidade: 1900-1920. Diferentes tendencias dende a Secesión de Viena ata o Estilo Internacional

Sesión 4 (mércores 27 outubro)
Os profetas da arquitectura moderna en Europa: Le Corbusier e o espírito novo. Mies Van der Rohe e o espazo fluído

Sesión 5 (mércores 3 novembro)
América e a modernidade. Frank Lloyd Wright 

Sesión 6 (mércores 10 novembro)
O imperio da cor e da sensualidade. O Fauvismo. Matisse, o artista do placentero

Sesión 7 (mércores 17 novembro)
Outras interpretacións fauvistas

Sesión 8 (mércores 24 novembro)
A distorsión da forma. O Expresionismo, unidade e diversidade. Os precursores. Die Brücke, Kirchner

Sesión 9 (mércores 1 decembro)
Der Blaue Reiter: da figura á abstracción. Terceira ondada expresionista

Sesións 10 e 11 (miércoles 15 decembro e 19 xaneiro)
Unha nova concepción do espazo: o Cubismo. Da análise á síntese. Braque e Picasso

Sesión 12 (mércores 26 xaneiro)
Outras interpretacións cubistas en pintura e escultura 

Sesións 13 e 14 (mércores 2 e 9 febreiro)
A acción e o movemento. O Futurismo. Umberto Boccioni, da teoría á práctica 

Sesión 15 (mércores 23 febreiro)
A revolución contra o bo gusto: o Dadaísmo. Diferentes focos xeográficos

Sesión 16 (mércores 2 marzo)
A ruptura coa tradición: Marcel Duchamp

Sesión 17 (mércores 9 marzo)
Alemaña e a Bauhaus. Arte, deseño e arquitectura

Sesións 18 e 19 (mércores 16 e 23 marzo)
O período de Entreguerras. A abstracción. Tendencias emotivas e xeométricas: Kandinsky, Klee e Mondrian

Sesión 20 (mércores 30 marzo)
A escultura que escapa dos ismos. Brancusi, Julio González e Calder 

Sesións 21 e 22 (mércores 6 e 13 abril)
Clasicismos e realismos: a volta á orde. A pintura metafísica. O preciosismo. O muralismo mexicano e o realismo socialista.

Sesión 23 (mércores 27 abril)
A heteroxénea Escola de París. De Modigliani a Chagall

Sesións 24 e 25 (mércores 4 e 11 maio)
Diferentes linguaxes surrealistas. De París a Nova York

Sesión 26 (mércores 18 maio)
O universo persoal de Magritte

Sesión 27 (mércores 25 maio)
Sesión aberta en función dos contidos e desenvolvemento do curso