rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Visitas e obradoiros para ESCOLARES

Visitas e obradoiros para ESCOLARES

Datas: 
5 outubro 2021 - 16 novembro 2021
Horario: 
de MARTES a XOVES de 11.00 a 12.15 (1º quenda) e de 12.30 a 13.45 (2º quenda). [Posibilidade doutros horarios en función de necesidades]

MARCO / DIDÁCTICA
PROGRAMACIÓN outubro-decembro 2021

A área de DIDÁCTICA do MARCO afronta este trimestre consolidando e renovando a súa oferta de actividades, entre as que destacan a programación para escolares, as visitas e talleres para grupos con necesidades específicas, unha nova proposta de obradoiros para adultos, e outras iniciativas dirixidas a públicos diversos.

Todas as actividades requiren cita previa ou inscrición e reserva, respectando capacidade e normativa sanitaria no que atinxe á circulación por salas e sesións de taller.

+ INFO e RESERVAS:

Dpto. Comunicación e Didáctica comunicacion@marcovigo.com
Taquilla MARCO recepcion.marco@gmail.com
Tel. 986 113900 (Ext. 100) / 986 113908

Colabora:  Obra Social La Caixa 


Visitas e obradoiros para ESCOLARES

 

Para grupos de escolares de Infantil, Primaria e Secundaria/Bacharelato
Visitas e obradoiros en torno ás exposicións temporais
Gratuíto, previa cita

O MARCO ofrece unha programación estable en torno ás súas exposicións temporais, dirixida a todo o alumnado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP, abranguendo así un espectro de idades entre os 3 e os 18 anos. Neste curso escolar, o programa comeza en outubro de 2021 e desenvolverase ata xuño de 2022.

Neste trimestre, as actividades para escolares toman como base a exposición ‘DIN MATAMORO. A mirada acesa’, que está a ter unha excelente acollida e que ofrece múltiples posibilidades educativas para escolares de todas as idades.

A experiencia no MARCO consiste nun percorrido polas salas de exposición, e unha actividade relacionada, que se leva a cabo na sala de Didáctica (Espazo Anexo). Tanto a selección de obras na visita como as actividades están especialmente adaptadas aos distintos grupos, con propostas diferenciadas para Infantil, Primaria e Secundaria/Bacharelato.