rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
XI Festival ImaxinaSons [Concertos]

XI Festival ImaxinaSons [Concertos]

Datas: 
29 xuño 2015 - 1 xullo 2015
Horario: 
20.30
Lugar: 
Salón de Actos
Prezo: 
3€ + gastos de xestión


O MARCO volverá ser escenario das propostas arraianas, desafiantes e máis excéntricas do festival cos concertos de L.A.R. Legido, Gil Dionisio e Eli Gras e será sede tamén da Academia de Sons, que propón 5 obradoiros para públicos diversos en horario matutino.

LAR LEGIDO

29 de xuño, 20.30, 3€ + gastos de xestión

Sempre sorprendente na súa procura de son, L.A.R. Legido (Castromonte, 1975) trae a ImaxinaSons a súa combinación de batería e formigoneira

GIL DIONÍSIO

30 de xuño, 20.30, 3€ + gastos de xestión

Cun tour recente en Xapón, e cun traballo que comeza a xordir un pouco por toda Europa, Dionísio, que fai en 2013 parte dos In Loko de Carlos Barretto, inscríbese nunha nova forte xeración de criativos e artistas que non temen ollar para dentro para percibir mellor o mundo que os rodea.

ELI GRAS

1 de xullo, 20.30, 3€ + gastos de xestión

Artista multidisciplinar, Eli Gras inicia a súa traxectoria na música experimental a principios dos oitenta.