rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Espellos = Espejos = Mirrors

Espellos = Espejos = Mirrors

Textos: 
Gyonata Bonvicini
Data de publicación: 
1 outubro 2009
ISBN: 
978-84-936360-1-2
Prezo: 
10€

O catálogo recolle a mostra resultante do segundo proxecto gañador “Premio MARCO para novos comisarios”, que nesta ocasión foi comisariado por Gyonata Bonvicini.

A publicación, editada por completo en tres linguas: galego, castelán e inglés, inclúe información biográfica sobre todos os artistas presentes na exposición, así como ilustracións a cor das obras expostas e unha ficha técnica de cada unha delas.

O comisario da mostra dedica as últimas páxinas a repasar o contido da exposición, a achega dos artistas e dá forma ao conxunto de pezas, que dialogan entre si, creando o proxecto común chamado Espellos/Mirrors. A repetición, o reflexo das imaxes, a fotografía e o cine como capturadores de imaxes pasadas, e a reapropiación do material cultural, son constantes que nos achegan a diversas formas de espellos que reflicten múltiples maneiras de realidade, irrealidade ou ilusión.