![O MUNDO FLÚE. Dúas miradas sobre unha mesma realidade [Obradoiros de Verán]](/sites/default/files/Didáctica_600x200_0.jpg)
O MUNDO FLÚE. Dúas miradas sobre unha mesma realidade [Obradoiros de Verán]
A exposición 'O MUNDO FLÚE. Dúas miradas sobre unha mesma realidade' reúne unha selección de obras da Colección de Arte Contemporánea da Fundación ONCE, que formaron parte das Bienais Internacionais de Arte Contemporánea organizadas pola devandita entidade.
A partir do 3 de xuño e ata o 4 de setembro, o espazo denominado ‘Laboratorio das Artes’, situado no primeiro andar do MARCO, acolle esta mostra, acompañada dun programa educativo que se desenvolverá en paralelo á exposición.
Grazas ao patrocinio da Fundación ONCE, durante os meses de xuño e xullo desenvolverase, paralelamente á mostra, un programa educativo dirixido nunha primeira fase a grupos de escolares, e a partir do 23 de xuño —unha vez finalizado o curso escolar— ao público infantil e ás súas familias.
Programa de visitas e obradoiros no MARCO
O programa educativo que acompaña e complementa esta mostra está dirixido, nunha primeira fase, a grupos de escolares (Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato), centros de ensino e asociacións, e a partir do 23 de xuño —unha vez finalizado o curso escolar— ao público infantil e as súas familias.
FASE 1
Do venres 3 ao mércores 22 de xuño
Visitas e obradoiros para grupos de escolares e asociacións
Horarios: de martes a venres, de 11.00 a 12.15 (1ª quenda) / de 12.15 a 13.30 (2ª quenda)
Máximo aproximado: 50 alumnos por quenda
Previa cita no teléfono 986 113904 / 113900
FASE 2
Do xoves 23 de xuño ao venres 29 de xullo
Actividades para público familiar: nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas
Horarios: de martes a venres, de 12.00 a 14.00
Entrada libre ata completar aforo
Posibilidade de reserva anticipada para grupos, ata un máximo de 15 participantes por Obradoiro